scholarly journals Antropoloxía(s) en Galiza na actualidade

2020 ◽  
pp. 187
Author(s):  
Cristina Sánchez Carretero

O obxectivo deste artigo é facer unha cartografía da institucionalización da antropoloxía na Galiza actual en diferentes ámbitos, entre outros, universidades, organismos públicos de investigación, museos e empresas. Este percorrido presentarase a través do eixe da estabilidade-precariedade da antropoloxía, analizando os efectos desta tensión. Para poder facer a cartografía, o artigo artéllase en tres partes. Primeiro preséntase a modo de contexto histórico unha selección de fitos que marcan o desenvolvemento da antropoloxía en Galiza. Segundo, preséntanse os ámbitos, institucións e escalas da(s) antropoloxía(s) na actualidade; e, por último, explícanse os proxectos asociativos de tipo profesional da antropoloxía a través da Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) e a participación desta a nivel estatal cos cambios nos últimos anos producidos na Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE).


Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document