scholarly journals A relevancia e evolución da Educación Ambiental. Adecuación da súa presencia nos currículos educativos

2021 ◽  
Vol 27 (2) ◽  
pp. 35-49
Author(s):  
Álvaro Martínez López ◽  
Juan Carlos Rivadulla López

O presente traballo pretende analizar a situación da Educación Ambiental no contexto español en relación ao que recomendan os expertos e expertas nesta temática na literatura de diferentes revistas de carácter científico e educativo. Para conformar unha base para contextualizar e delimitar esta educación, realizouse unha revisión bibliográfica sobre a historia da Educación Ambiental a nivel mundial, en xeral, e no contexto legislativo do noso país, en particular; así como sobre a importancia da mesma no século XXI. Unha vez delimitado o concepto, revisouse unha gran lista de bibliografía co obxectivo de crear un marco que integre as recomendaciones pedagógicas que os profesionais ofrecen en relación a esta temática; e analizouse o estado da cuestión na lexislación que actualmente rexe o sistema educativo español e galego. Finalmente, concluíronse unha serie de aspectos que non son máis que recomendaciones para reelaborar os currículos educativos e adaptalos introducindo de xeito adecuado a didáctica para a Educación Ambiental.

Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document