As cunchas de mexillón como residuo: unha mirada dende o eido da Educación Ambiental

2021 ◽  
Vol 27 (2) ◽  
pp. 83-101
Author(s):  
Cintia González Tizón

O cultivo do mexillón é a maior produción de Acuicultura de España e unha das máis importantes de Europa. Galicia é a segunda produtora mundial, xerando un residuo de cuncha de mexillón de unhas 90.000 toneladas anuais. O destino deste excedente non está clarificado, e o paradoiro do mesmo data dunha sustentabilidade insuficiente. O presente proxecto propón a investigación sobre a problemática ambiental que xeran as cunchas de mexillón, enfocado en indagar cales son as saídas actuais deste subproduto na nosa comunidade. Verase tamén cales son os posibles usos e potencialidades dende diferentes ámbitos de acción, no que gaña protagonismo o sector da construción. A información obtida da paso a entrar na Educación Ambiental como ferramenta multidisciplinar para promover o coñecemento, a concienciación e a responsabilidade ecolóxica na sociedade, incorporando nas accións unha visión de cambio, desenvolvemento e conservación do medio ambiente máis próximo. Ante o descoñecemento do problema a nivel global e o silencio administrativo, a unión da comunidade como parte activa do proceso de cambio sería unha das chaves para reducir e valorizar as cunchas de mexillón que están xerando un impacto negativo no noso contorno.

Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document