A Táboa Periódica do confinamento

2021 ◽  
Vol 92 ◽  
pp. 7-16
Author(s):  
María Goretti Castro ◽  
José Luis Fernández Rodrigo

A Táboa Periódica do confinamento Editar "A Táboa Periódica do confinamento" Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 7-16 (2021) https://doi.org/10.54954/202192007 Acceso ao artigo completo en PDF A Táboa Periódica do confinamento María Goretti Castro Justo e José Luís Fernández Rodrigo (IES As Barxas de Moaña) A Táboa Periódica do Confinamento que aquí presentamos é unha táboa especial polo momento excepcional no que se realizou. Como todas as táboas periódicas está formada por elementos químicos onde cada elemento segue situado no grupo e período ao que pertence pero é especial porque expresa outras propiedades. Propiedades que non poden ser medidas de maneira física, pero que representan algo máis que un valor ou unha cantidade, representan todo aquilo que vivimos, e viviron os nosos alumnos e alumnas, nun determinado momento excepcional das nosas vidas, sen perder a periodicidade xa que atopamos que esas propiedades, que nós non podemos medir de maneira obxectiva, representan sentimentos, accións ou situacións que son comúns entre o alumnado. Tamén aparecen ocos, espazos baleiros que ningún rapaz chegou a ocupar, por diversas circunstancias, e que nos fan regresar ao inicio da táboa, cando Dimitri Mendeléiev e outros científicos xeraron o primeiro gran esquema para organizar todos os elementos coñecidos nese momento, deixando algúns espazos en branco na súa táboa e facendo a suposición de que algún día se descubrirían novos elementos para cubrir esas lagoas. Esta actividade realizouse durante os meses de marzo a xuño do curso 2019-2020, tempo que se corresponde co período de confinamento, de maneira virtual a través da aula virtual do centro e contando con todo o alumnado de 3º da ESO, aos que nas derradeiras semanas sumóuselle alumnado de 1º de bacharelato científico.

Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document