scholarly journals Medindo na casa a concentración dunha disolución con soluto gasoso

2021 ◽  
Vol 92 ◽  
pp. 27-35
Author(s):  
Ramón Cid ◽  
Isaac Valiña

As actividades experimentais conectadas co currículo escolar realizadas polo alumnado nas súas casas non son só un complemento ás levadas a cabo no centro escolar -suplindo as máis das veces a falta de tempo nas materias de ciencias nalgúns cursos da secundaria obrigatoria – senón que en si mesmo poden chegar a ser para os estudantes enormemente enriquecedoras en si mesmas en termos de aprendizaxe. Presentamos aquí un traballo experimental proposto ao alumnado de 3º da ESO na materia de Física e Química consistente en medir nas súas casas a concentración de dióxido de carbono nun refresco carbonatado, e vendo como varía a súa concentración co tempo e a temperatura. Esta actividade formou parte dun grupo de traballos procedimentais voluntarios formulados a este alumnado durante o confinamento pola pandemia da Covid-19, aínda que tamén forma parte dunha estratexia habitual para os contidos procedimentais neste curso, debido a que só se conta con dúas sesións lectivas por semana. A acción aquí presentada ten unha tripla implicación, pois dunha parte permite abordar un contido moi importante no currículo de Física e Química, como é a medida de concentracións de disolucións; doutra, implica a presenza dun soluto gasoso, que non é nada habitual para este tipo de actividades; e en terceiro lugar está o contexto, xa que aborda un asunto cercano ao alumnado, como a cantidade de gas que ten un refresco (que é unha das súas propiedades máis características) e como depende ela da temperatura e o tempo.

Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document