AX-G. ALFONSO X AND GALICIA EXHIBITION CATALOGUE
No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, rei de Castela, León e Galicia (1252-1284). Coincidindo coa efeméride, o Consello da Cultura Galega presenta a exposición Afonso X e Galicia. O obxectivo da exposición é presentar a figura real de Afonso X de maneira obxectiva: os seus avatares políticos, o seu labor científico, literario e cultural e a súa relación con Galicia. A nosa proposta é unha peregrinaxe múltiple: un percorrido pola vida do monarca, pola súa obra e pola época afonsina en Galicia a partir de documentos e de testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais. Conta cun especial protagonismo o corpus mariano do Rei Sabio, as Cantigas de Santa María, como manifestación visual e sonora da Idade Media galega e europea e como testemuño do patrimonio lingüístico da lingua galega e a súa importancia no mundo románico medieval. A edición, a cargo de Antoni Rossell, é a versión textual e multimedia dos contidos desta mostra.