Rosalía de Castro e a escrita da nova muller: achegas a un posíbel paradigma autorial Retruque ao relatorio de Pilar García Negro

2014 ◽  
Author(s):  
María López Sández
Keyword(s):  
2020 ◽  
pp. 105
Author(s):  
Camiño Noia Campos

O artigo traza o percorrido pola vida docente de Antonio Fraguas desde 1929, ó rematar a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, ata o ano 1963, como catedrático no Instituto Feminino Rosalía de Castro de Santiago. Os datos dos primeiros centros nos que Fraguas imparte docencia, A Estrada e Lugo, están tomados, esencialmente, de biografías e artigos publicados. Mentres que os referentes ó Instituto Rosalía de Castro, de 1959 a 1963, parten de lembranzas directas das súas alumnas e da documentación que garda o fondo Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego.


Author(s):  
Alba Rodriguez Saavedra
Keyword(s):  

En 1939 The Hispanic Society of America publicou o libro de Ruth Matilda Anderson Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, no que figuran o maior número de traducións ao inglés de textos de Rosalía de Castro con anterioridade a 1964. Ningún dos catálogos nin rexistros nos que se listan as aparicións de textos rosalianos noutras linguas recollen de maneira específica estas traducións de Anderson. Esta sería, por tanto, a primeira vez, que nós teñamos coñecemento, na que se detallan as primeiras traducións ao inglés destes seis escritos rosalianos. Ao se trataren de elementos paratextuais, segundo a definición de Genette (1987), debémolos considerar paratraducións (Garrido 2003-2004), cuxos niveis de análise —empírico, sociolóxico e discursivo— abordamos desde unha perspectiva feminista presente tantona autora (Rosalía de Castro), no sistema de orixe, coma na tradutora (Ruth Matilda Anderson), no sistema meta.


Em Tese ◽  
2019 ◽  
Vol 24 (1) ◽  
pp. 352
Author(s):  
Tais Matheus da Silva
Keyword(s):  

"Los que a traves de sus lágrimas" é um poema da escritora espanhola Rosalía de Castro, parte do poemário em língua castelhana En las orillas del Sar, publicado em 1884. A obra rosaliana passou a ser conhecida no Brasil a partir da antologia de poesia traduzida e organizada por Ecléa Bosi, publicada em 1966 e reeditada em 1987. As traduções de Ecléa Bosi e outras traduções que lhes sucederam concentram-se nas poesias rosalianas produzidas originalmente em língua galega, de modo que a lírica castelhana de Rosalía de Castro é pouco conhecida e divulgada entre os falantes de português. Assim, apresentamos uma tradução do poema "Los que a traves de sus lágrimas", com o objetivo de oferecer aos leitores lusófonos uma mostra da poesia castelhana de Rosalía, bem como um exemplo prático das possibilidades de tradução da métrica espanhola para a métrica portguesa.


2020 ◽  
Vol 2 (1) ◽  
pp. 77-90
Author(s):  
Iolanda Ogando
Keyword(s):  

Rosalía de Castro, cerne do canon literario galego, coñeceu unha fortuna moi irregular na súa transmutación de figura autoral en símbolo, pois sendo unha efixie cultural indiscutida, a súa centralidade implicaría o apagamento de moitas das súas actitudes e conviccións. Este contraste entre recoñecemento e descoñecemento reproduciuse en moitos ámbitos, entre eles o audiovisual, sector no que o proceso de construción da imaxe da escritora ocupa un lugar significativo, pero tamén xorde marcado polas contradicións detectábeis nos outros campos. Por esta razón, cremos que reexaminar a pasaxe do relato vital e literario de Rosalía ao audiovisual, sexa desde o terreo dos estudos cinematográficos, sexa desde os estudos literarios, e máis concretamente desde as achegas das narrativas transmediais, poden proporcionar máis luz no arduo proceso de configuración do símbolo rosaliano e, con el, de toda a cultura. Con esa perspectiva, no presente traballo estudamos a transmediación rosaliana realizada na miniserie Contou Rosalía (2018), con especial atención ao tratamento dado á imaxe de Rosalía no telefilme e nos documentos audiovisuais xerados ao redor do mesmo, e a súa relevancia na conformación da identidade galega.


Sign in / Sign up

Export Citation Format

Share Document